Aluguer de tempada para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso escolar até o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).
Vivenda moderna de dous dormitorios, salón, cociña independente e un baño con bañeira. Todo exterior, salvo o baño.
O edificio conta con ascensor, praza de garaxe e rocho.
No centro urbano de Cangas, a cinco minutos andando da praia de Rodeira e de todos os servizos.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para ao a formalización do contrato. A fianza é a esixida pola Xunta para este tipo de contratos (consultar).
Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta da inquilino luz, auga e lixo. Compatible con deducións fiscais.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno