Casa reformada en Cangas, adosada, na zona da Magdalena, con vistas á ría de Vigo e cun amplo xardín, perfectamente comunicada coa Vía Rápida.
Conta en planta baixa cun recibidor de entrada e unha ampla cociña americana con ambiente de comedor e de sala de estar, totalmente acristalada e moi asollada. Desde ela accédese á planta superior onde se atopa o dormitorio principal, con armarios encaixados, o dormitorio secundario, ambos con vistas ao mar, un baño completo recentemente reformado con prato de ducha e cuarto de lavandaría.
Na zona exterior, á parte do xardín acondicionado e preparado con zonas de descanso, conta con grellada e construcións para almacenamento de utensilios de xardín. Existe unha terraza con vistas na parte alta do terreo á cal se accede por escaleiras desde o xardín.
No recibidor de entrada está instalada unha estufa de pellets como sistema de calefacción.
Dispón de pozo para o suministro de auga, a zona non conta con traída municipal nin veciñal. Si está conectada ao saneamento.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno