Trátase dun apartamento totalmente exterior, situado na segunda planta do edificio, de deseño actual e excelentes calidades, ben comunicado co centro de Cangas e coa vía rápida, asollado pola mañá e pola tarde.
Repartido en dous dormitorios con armarios encaixados, cociña independente con cuarto de lavadora anexo, un amplo salón e baño completo.
Xanelas de dobre cristal e dobre ventá no salón. Conta con calefacción por acumuladores eléctricos.
O prezo de venda non inclúe a vivenda amoblada pero si con electrodomésticos.
O edificio conta con ascensor que accede ao garaxe e véndese con praza de garaxe (acceso a través de montacargas).
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno