Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Ático con vistas espectaculares en San Roque (Cangas)

Ref: 1035
Ático
214 m2 construidos.
160 m2 útiles.
Venda: 190.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 3
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: D

Moi asollado, na última planta dunha vivenda unifamiliar, con vistas á ría de Vigo, de 3 dormitorios e 3 baños.

Descrición

Ático con preciosas vistas á Ría de Vigo, Illas Cíes e montaña.

Estilo bohemio
cun gran salón de 45 m2 aproximadamente, con cheminea e terraza con excelentes vistas á ría de Vigo e Illas Cíes.


Conta con tres dormitorios, un principal de matrimonio con baño propio amplo e dous dormitorios máis, un deles con cabina de sauna e hidromasaxe, outra terraza propia, dous baños máis e cociña.


Dispón de parquet, carpintaría exterior de aluminio lacado con rotura de ponte térmica e armarios encaixados.

Á vivenda accédese a través de escaleira independente dende a rúa. Ten espazo para garaxe.

Zona residencial moi tranquila
, preto do pobo (10 m. andando) e das praias (á praia de Areamilla accédese a pé en 5 m).