Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Apartamento en Vilariño, Cangas

Ref: 1485
Piso
60 m2 construidos.
Bo estado
Aluguer: 420 €/mes
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Calefacción: Calor azul
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E
Para alugueiro de tempada para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato até o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).
Descrición

Alugueiro de tempada para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato até o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).

Moderno apartamento de dous dormitorios sito na entrada de Vilariño, moi preto da praia e do Paseo de San Cibrán e de todos os sevizos de Vilariño e Aldán.

Sito na planta baixa do edificio, conta con amplísimas ventás que lle proporcionan moitísima luminosidade. Está composto por unha bonita combinación de cociña americana e salón-comedor, amoblado con mobles modernos e moi asollado grazas á ampla cristaleira. Conta ademais con dous dormitorios con armarios encaixados e o secundario ademais con acceso ao patio de luces, e un baño xeral con bañeira. Dispón de lavalouzas, cociña e auga quente sanitaria por termo eléctrico.

O edificio conta con ascensor. Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade e lixo incluídos, quedando por conta da inquilino luz e auga. Sen praza de garaxe nin rocho.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato de arrendamento. A fianza é a que se exise por lei para arrendamentos de tempada (consultar).

Non se admiten mascotas.

Compatible con deducións fiscais.