Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Ático equipado e accesible con terraza

Ref: 1689
Ático
120 m2 construidos.
108 m2 útiles.
Impecable
Planta 5
Aluguer: 600 €/mes
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Garaxe. . . .
Calefacción: Radiante
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E
alugueiro temporal. Inclúe garaxe e wifi
Descrición

Algueiro temporal de ático no centro de Cangas, con ampla terraza, moi asollado e con total tranquilidade, sen ruídos de tráfico, nin da rúa xa que é unha planta quinta, orientada cara a unha zona verde.

Dispón de 2 habitacións, ambas as con cama dobre e acceso á terraza, salón con saída á terraza, cociña independente e un baño amplo con prato de ducha.

O salón e ambas as habitacións son exteriores con ventá á terraza, con vistas despexadas. A cociña, moi ampla, ten unha pequena galería ao patio de luces.

O salón é amplo, con mesa de comedor, sofá de 3 prazas e reposapés e unha cadeira de brazos elevable con mando, ideal para persoas que teñan dificultades para incorporarse.

O baño foi reformado para facelo accesible e conta cun amplo prato de ducha, con barreira de seguridade para facilitar a mobilidade e cadeira antiescorregadiza.

A cociña é moi cómoda pola súa amplitude. Conta con mesa extensible, lavalouzas, frigorífico combi, microondas etc. A auga quente é eléctrica (acumulador).

A vivenda é moi confortable. Dispón de calefacción por chan radiante de parqué con termostato individual en cada estancia, e para protexerse da calor conta con toldos para resgardar do sol a terraza e ventilador no salón.

A terraza está equipada con mobiliario de madeira de exterior para o seu goce: mesa expensible, cadeiras e cadeiras reclinables.

A vivenda entrégase totalmente amoblada mesmo tv e enxoval de cociña. Dispón de Wifi, con fibra de R. A praza de garaxe, no soto -1 é ampla e con espazo sobrado de manobra. 

Edificio con ascensor, portal accesible, sen ningún chanzo e rampla suave.

Alúgase para estancias temporais fose do período estival: ideal para traballadores desprazados temporalmente, como alternativa habitacional por reformas, vista de familiares, convalecencia con necesidade dunha vivenda accesible ou calquera outra circunstancia na que se requira unha vivenda totalmente equipada.

O prezo inclúe comunidade, garaxe, wifi e auga. Non inclúe a electricidade