Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Ático de luxo con terraza en Cangas

Ref: 2126
Ático
100 m2 construidos.
Impecable
Planta 5
Venda: 360.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Calor azul
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente
En edificio novo, moi céntrico de magníficas calidades, con amplísima terraza con vistas ao mar. 
Descrición

Ático, situado na avenida de Galicia, no mesmo centro de Cangas, xusto á beira dos Xulgados e moi preto do casco antigo, nunha zona moi tranquila e moi apreciada pola súa localización e proximidade respecto do resto do centro urbano.

Trátase dun piso totalmente exterior, mesmo no hall de entrada, de magníficas calidades, aberto sobre fachada sueste do edificio e incriblemente asollado, ademais de posuír unha terraza que o circunda e sobre a cal verten todas as estancias, creando zonas de recreo específicas para cada unha delas.

Mellorouse o illamento térmico incorporando ao conxunto unha segunda pel nos ocos de fachada mediante a instalación dunha carpintaría de aluminio climalit, o que reporta nun interior tremendamente confortable, todo o ano. Distribuído en tres dormitorios, o principal de matrimonio con baño propio e prato de ducha e os outros dous de camas dobres, todos eles con grandes armarios encaixados, mesmo no corredor.

Conta cun gran baño xeral con bañeira, cociña-comedor independente totalmente equipado con mobles modernos e electrodomésticos, mesmo cociña de indución, combi, lavalouzas, lavadora e termo eléctrico para auga quente, todo iso xunto a un gran salón, moi luminoso do mesmo xeito que o resto das estancias.

Dispón de dous rochos, dúas prazas de garaxe, ascensor e calefacción de calor azul. O prezo inclúe a cociña amoblada con electrodomésticos e o resto semi-amoblado. Presenta uns excepcionais acabados.