Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Ático con terraza e vistas, Rodeira

Ref: 2227
Ático
80 m2 construidos.
Bo estado
Venda: 198.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Calor azul
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Situado entre o centro e a praia de Rodeira. Con garaxe e rocho.
Descrición

Este ático con encanto á venda en Cangas ofrece comodidade nunha zona tranquila a escasos minutos da praia de Rodeira.

Cunha superficie de 90 m2, este ático ofrece un espazo ben distribuído, con cociña independiente, salón, terraza, 2 dormitorios e un baño completo con ducha.

Todas as estancias agás o baño son exteriores e dan acceso á gran terraza con vistas despexadas, o que, xunto coa súa orientación sur, asegura unha excelente entrada de luz natural.

Dotado de calefacción eléctrica, este ático ofrece un ambiente cálido e acolledor durante todo o ano.
A auga quente sanitaria é mediante termo eléctrico.

O inmoble inclúe un garaxe e un rocho, proporcionando espazo adicional para almacenamento.

Situado na zona de Longán, preto do casco urbano, con fácil acceso á vía rápida e a poucos minutos da fermosa Praia de Rodeira.
Zona sen costas, próxima a todos os servizos e moi ben comunicada.

Con todos os servizos necesarios ao teu alcance, é o lugar ideal para gozar da vida costeira en Galicia.

Información sobre desperfectos: aprobada e pagada derrama para a impermeabilización da terraza (contamos con Acta da Comunidade de Propietarios), que ocasionou os danos visibles nas imaxes dentro do inmoble. Está pendente confirmar a data do inicio da obra e, unha vez realizada a impermeabilización da terraza, o seguro da comunidade farase cargo dos danos interiores ocasionados por esa filtración.