Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local céntrico en Cangas

Ref: 2630
Local Comercial
140 m2 construidos.
140 m2 útiles.
Aluguer: 700 €/mes
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Baixo para acondicionar situado nas inmediacións do parque de Andrea, zona de xogo infantil moi transitada

Descrición

Baixo situado na rúa Antonio Nores á altura do parque de Andrea, zona de xogo infantil moi transitada. 

Actualmente lóbrego, negociarase carencia para o seu acondicionamento, podendo valorar o propietario a posibilidade de asumir parte da obra.

Ideal para distintas actividades pola súa localización e visibilidade, mesmo para negocios relacionados con hostalaría como bares ou restaurantes descartándose actividades ruidosas como pubs. 

A renda inicial é de 700€ e o resto negociarase en función da actividade e duración. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Imprescindible a presentación de aval bancario ademais da fianza legal obrigatoria ( 2 meses) .

O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento. 

O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.