Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa con terreo á venda en Beluso, Bueu

Ref: 3050
Casa
238 m2 construidos.
210 m2 de xardín.
430 m2 de parcela.
Habitable
Venda: 280.000 €
Habitacións. . . . 5
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Vistas ao mar, preciosa zona exterior axardinada, con grellada e múltiples posibilidades.

Descrición

Casa á venda en Beluso, Bueu, situada nunha zona moi tranquila e preto das preciosas praias da zona, a 1,5 km de la playa de Beluso y a 3 km de la playa de Lagos. Ademáis, está situada ao lado de todos os servizos de Beluso (banco, supermercado, farmacia, cafeterías, etc.) e moi preto do espazo natural de Cabo Udra.

A casa está distribuída en tres plantas e conta con vistas parciais ao mar.
Na planta baixa atoparás dúas habitacións, un baño con ducha, unha pequena cociña e un estudo.

A primeira planta conta cunha cociña ampla, un salón, unha salita, unha galería con vistas ao mar, e tres habitacións, ademais dun baño con bañeira.

O baixo cuberta está sen preparar, pero ten altura suficiente para crear novas estancias.

A propiedade ten unha preciosa leira axardinada, perfecta para gozar ao aire libre, e conta con barbacoa e varias estruturas de almacenamento exterior.

A calefacción e a auga quente sanitaria son por caldeira de gasóleo.
Ten pozo de barrena, auga de traída municipal e está conectada ao saneamento municipal.

A casa conta cunha pequena bodega no semisoto.

Ademais, dispón de garaxe pechado para un coche.

A localización é ideal, a tan só 3 km de Bueu, 25 km de Pontevedra e 30 km de Vigo.