Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa con leira na zona de Ameixoada (Moaña)

Ref: 3143
Casa
301 m2 construidos.
202 m2 útiles.
3.162 m2 de parcela.
Venda: 295.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 3
Garaxe. . . .
Calefacción: Gasoil
Cual. Enerx.: F

Moi asollada, de planta baixa e primeira planta. Cunha leira de 3.162 m2.

Descrición

Situada na zona de Ameixoada (Moaña) nunha contorna moi tranquila, sen apenas ruído e a un minuto escaso en coche da entrada á vía rápida do Morrazo.

Casa de planta baixa e primeira planta moi luminosa cunha leira de 3.162 m2.

Na entrada atópase un porche de 33 m2. que dispón de espazo para mesa e cadeiras onde poder deleitarse da paisaxe tranquilamente a calquera hora do día. Un asador e unha mesa de pedra debaixo dunha viña na que gozar dunha boa comida ou cea ao aire libre.

A planta baixa, de 110 m2, distribúese nun amplísimo salón con moita luz, unha cociña de madeira con cociña de ferro, un baño con bañeira, un espazo habilitado para lavadoiro e rocho; e unha adega utilizada para almacenar barrís de viño cultivados dos seus propios viñedos plantados na leira.

Na primeira planta, de 92 m2, atópase unha cociña, baño amplo con bañeira e catro habitacións, unha delas con aseo e outra con saída a unha gran terraza que rodea a planta case por completo. Esta planta é toda exterior e moi luminosa.

A casa dispón espazo para garaxe, auga da traída, pozo, pilón e ten un galpón utilizado para galiñeiro. A leira dispón dunha plantación de viñedos.

Inmoble non inscrito no Rexistro da Propiedade.