Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalé independente en Cimadevila, Cangas.

Ref: 3319
Chalé Independente
294 m2 construidos.
248 m2 de parcela.
Venda: 370.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 3
Garaxe. . . .
Calefacción: Gas natural
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente

Vivenda unifamiliar independente cerca do centro e con garaxe.

Descrición

Vivenda unifamiliar de pedra, en Cimadevila, moi preto do núcleo urbano, á beira do colexio Cía. de María. Zona tranquila e con bo acceso á Vía Rápida.

A casa está formada por un semisótano, planta baixa, planta primeira e baixocuberta. Hai, preinstalado e con portas, un ascensor desde o semisótano até a planta baixocuberta para ter solucionada a accesibilidade entre plantas si fose necesario.

O semisótano está lóbrego, actualmente utilízase como adega e rocho, ten luz natural na parte sur e conta cun apartado preparado para instalar un baño.

Na planta baixa atópase a entrada da vivenda, un local comercial acondicionado como salón de peiteados, totalmente independente do resto da planta, con baño e sala. Hai tamén un cuarto de lavandaría. Conta con garaxe semicerrado.

A primeira planta distribúese nunha cociña americana e comedor amplo, baño con prato de ducha e 2 dormitorios, un deles con armario encaixado. No comedor está a cheminea de leña, condutora de calor a todas as plantas.

A planta baixocuberta conta cunha zona de estar ampla con acceso a unha terraza e 1 dormitorio con armario encaixado e baño dentro con ducha.

A vivenda é totalmente exterior en todas as súas estancias, con cristais reflectasol, moi luminosa por orientación e por ser unha construción independente. Ben illada con xanelas de dobre cristal oscilobatentes.   

Conta con aspiración central e fío musical.

Para a calefacción están instaladas placas solares actualmente inactivas. Ademais da cheminea condutora conta cun sistema de gas natural por chan radiante con termostatos independentes en cada estancia.

Ten unha pequena parcela con zonas axardinadas que rodea a casa na parte este e sur.

Opción ideal para primeira residencia, casa independente coa vantaxe da localización, moi preto do centro, podendo acceder andando a todos os servizos.