Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Apartamento con vistas en Vilanova

Ref: 3634
Piso
53 m2 construidos.
45 m2 útiles.
60 m2 de xardín.
Bo estado
Planta 1
Venda: 155.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Na contorna de Punta Couso, preto das praias de Area Brava, Punta Alada e Rabáns, con xardín e garaxe pechado.

Descrición

Apartamento situado na planta baixo cuberta (ático) dunha vivenda en Vilanova, con vistas á ría de Aldán, sita na zona das praias de Area Brava (a 800m), e Punta Alada e Rabáns (a 200m).

Á vivenda accedese de forma independente polo exterior a través dunha escaleira aberta e balcón de acceso. Está distribuída en dous dormitorios (un con vista á ría e outro á zona de xardín), e salón con cociña aberta, toda exterior e orientación este con sol directo pola mañá, nunha zona moi tranquila.

Conta cunha zona privada de xardín na parte traseira de aproximadamente uns 60m2, garaxe pechado con acceso directo desde a rúa na planta baixa do inmoble de aprox. 20m2, que ademais de praza serve de zona de almacenamento. Non dispón de calefacción.

Trátase dunha magnífica opción de vivenda para segunda residencia pola súa localización na contorna de Punta Couso, zona de praias tranquilas e sendeiros, un espazo de gran valor natural.