Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Parcela en Vilanova con vistas e proxecto

Ref: 3690
Parcela
708 m2 de parcela.
Venda: 95.000 €

Lista para edificar, con proxecto técnico completo e inscrito no Rexistro da Propiedade. Moi preto da praia de Areabrava e da montaña.

Descrición

Lista para construír, con proxecto completo e vistas ao mar e á montaña.

A parcela está situada en Vilanova (O Hío, Cangas), nunha zona tranquila e rural, preto da praia de Areabrava e vistas á ría de Aldán.


Ten unha superficie total de 708 m², dos cales 472 m² son edificables. O resto (236 m²) corresponde a unha zona anexa pola que discorre un pequeno regato.


Dispón de proxecto técnico completo: estudo xeotécnico, informe de augas, orzamento de obra, etc. Todo listo para comezar a construción sen esperas.


Boa orientación, ideal para construír unha vivenda unifamiliar lumiosa e integrada na contorna natural.


Zona ben comunicada, con servizos próximos en O Hío e Cangas. A poucos minutos en coche do centro urbano e con acceso a múltiples praias.


Ideal para persoas que buscan tranquilidade, vistas e estar preto do mar, sen renunciar a unha vivenda moderna e personalizada.

Inscrito no Rexistro da Propiedade.