Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Parcela edificable en Herbello

Ref: 3712
Parcela
402 m2 de parcela.
Venda: 59.000 €

Próxima a todalas praias de Hío e Aldán en coche, chaira e asollada todo o día, para unha vivienda de 160m2 en dúas plantas.

Descrición

Parcela edificable (con certificación urbanística), situada no centro de Herbello, Aldán, con dobre fachada a vía pública asfaltada e 58ml de fronte aprox., a pouca distancia do cruce de Herbello (800m, 10 min camiñando) e moi preto en coche de todas as praias de Hío e Aldán (5 min a Menduiña, Areacova, Francón, Vilariño e San Cibrán; 10 minutos de Arneles, Liméns e Nerga).

Terreo prácticamente chairo, con gran facilidade de acceso e a nivel da estrada en gran parte do mesmo, o que permite fácilmente a rehabilitación das ruínas existentes e/ou a construción dunha vivenda nova, mesmo con tecnoloxía modular (como exemplo 2553).

Localización con todos os servizos de conexión (saneamento, servizo municipal de auga, etc.) na fronte da propia finca, e asollado todo o día.

Excelente opción para a construción dunha vivenda de até 160m2 construídos (en dúas plantas), tanto para vivenda habitual como segunda residencia pola súa proximidade á vía rápida (2km e 5 min en coche).