Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Parcela edificable en Herbello

Ref: 3713
Parcela
731 m2 de parcela.
Venda: 79.000 €

Con vistas a ría de Aldán o fondo, próxima a todalas praias de Hío e Aldán en coche e asollada todo o día.

Descrición

Parcela edificable, situada no centro de Herbello, Aldán, con fachada a vía pública asfaltada de 31ml de fronte, a pouca distancia do cruzamento Aldán-Herbello (800m, 10 min camiñando) e moi preto en coche de todas as praias de Hío e Aldán (5 min a Menduiña, Areacova, Francón, Vilariño e San Cibrán; 10 minutos de Arneles, Liméns e Nerga).

Terreo con pendente positiva, con acceso directamente a nivel da estrada en toda a fronte oeste do mesmo, ideal para unha construción con semisótano para garaxe. Conta tamén con acceso rodade desde o linde este a través dun espazo público non urbanizado.

Localización con todos os servizos de conexión (saneamento, servizo municipal de auga, etc.) na fronte da propia leira, e asollado todo o día.

Excelente opción para a construción dunha vivenda en dúas plantas, semisótano a nivel desde a fronte oeste e planta baixa desde o linde este (ambos con acceso), con vistas panorámicas sobre o barrio de Herbello e coa ría de Aldán ao fondo, próxima á vía rápida (2km e 5 min en coche).