Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa histórica na Zona Vella de Cangas

Ref: 3955
Casa
255 m2 construidos.
Para rehabilitar
Venda: 220.000 €
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Casa para rehabilitar, na Zona Vella de Cangas, de 255 m2 construidos e con alto valor patrimonial.

Descrición
Casa histórica de pedra, con alto valor patrimonial, para rehabilitar, á beira da Ex-Colexiata e a pé da rúa Real, arteria principal da Zona Vella de Cangas, zona moi transitada, rodeada de todos os servizos e do encanto da zona máis antiga de Cangas.

Constituída por tres plantas: baixo, primeiro e planta baixo cuberta, con orientación sur, completamente asollada durante todo o día. Teitos moi altos e conserva aínda a carpintaría das portas e da escaleira de acceso ás plantas superiores.

Conta cun pequeno xardín traseiro.

O inmoble, ademais de poder destinarse a unha ampla vivenda céntrica, ofrece moitas posibilidades como inversión xa que tamén pode orientarse a algunha actividade comercial, como por exemplo a hostal, polo seu tamaño e privilexiada localización.