Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Dúplex con vistas en San Roque, Cangas

Ref: 4063
Dúplex
260 m2 construidos.
Venda: 150.000 €
Baños. . . . 2
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Inmoble de dúas plantas, habilitado actualmente como restaurante, na zona de San Roque, Cangas

Descrición

Dúplex en San Roque, de aproximadamente 260 m2, a escasos metros do Pavillón do Gatañal e moi preto do núcleo urbano de Cangas.

Distribuído en dúas plantas, a primeira onde se atopa a cociña e na segunda planta o comedor, con galería acristalada con excelentes vistas á ría de Vigo e Illas Cíes.

Conta cun espazo diáfano na segunda planta, que se pode habilitar en diferentes ambientes, dada a súa amplitude.

Entre as dúas plantas dispón de varios baños.

A través do portal de entrada, introducímonos nunha zona axardinada, con espazo tamén para garaxe tanto dentro como fora da parcela.

Zona residencial moi tranquila, preto do pobo (10 minutos andando) e das praias (á praia de Areamilla accédese a pé en 5 minutos).

Ideal para comezar un novo proxecto ou unha oportunidade para investimento turístico, xa que polas súas características poderíase dividir e facer varios apartamentos.