Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local comercial en pleno centro de Cangas

Ref: 4107
Local Comercial
148 m2 construidos.
113 m2 útiles.
Acondicionado
Aluguer: 1.100 €/mes
Amoblado. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Rodeado de actividade comercial, totalmente visible e preto de todos os servizos
Descrición

Local comercial situado na céntrica rúa San Xosé de Cangas, rodeado de actividade comercial, totalmente visible, con escaparate e con todos os servizos a man.

A pé de rúa, anteriormente dedicado a hostalaría, aínda con mesas, cadeiras e barra, dous aseos, espazo dedicado a cociña, con saída de fumes, almacén subterráneo e zona aberta pola parte de atrás, na que se atopa un asador e varios galpóns que poderían utilizarse para usos varios.

O local atópase acondicionado, tanto teitos, como chans e dispón de electricidade e auga. Habería que reformar a zona de cociña e espazo exterior.

O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.

A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.