Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa con vistas á ría en Menduiña

Ref: 4244
Casa
265 m2 construidos.
605 m2 de parcela.
Bo estado
Venda: 450.000 €
Habitacións. . . . 6
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Segunda liña de praia. . . .
Calefacción: Gas propano
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

A 5 minutos andando da praia de Menduiña. Renovada en 2005.

Descrición

Esta ampla casa, situada a poucos metros da fermosa praia de Menduiña, en Aldán, ofrece un estilo de vida costeiro único, con vistas ao mar e a tan só 5 minutos andando da praia.

Cunha parcela de aproximadamente 600 m², esta casa conta con zonas verdes que rodean tanto a construción principal como a adicional, que alberga unha acolledora zona de grella e comedor con cociña extra.

Reformada no ano 2005, ofrece un coidado deseño distribuído en tres plantas.

Na planta baixa, entrando por unha galería, accedemos a un espazo que combina cociña e salón, onde destaca unha acolledora cheminea de leña.
Ademais, nesta planta, atopamos un cuarto que actualmente se utiliza como lavadoiro, con armario encaixado e baño completo con ducha.

Subindo ao primeiro andar, dannos a benvida tres dormitorios con armarios encaixados e un acolledor salón con vistas panorámicas á ría de Aldán, con acceso a un balcón.
Tamén nesta planta hai un segundo baño cunha pequena bañeira.

Na planta superior, con teito abuhardillado, atópase un salón e dous dormitorios adicionais, que ofrecen un espazo versátil para adaptarse ás necesidades de cada familia.

No exterior atopamos unha construcción auxiliar pechada, destinada a cocina comedor e con grellada e cociña de leña. Ademáis conta na parte traseira, con outro espazo pechado, actualmente destinado a ximnasio.

Dispón de calefacción e auga quente sanitaria a gas propano para unha maior comodidade nos meses máis fríos. A carpintería interior é de roble e conta con doble ventá e velux na planta baixocuberta.

O inmoble dispón de xardín, un garaxe para un vehículo e unha situación privilexiada a escasos minutos da praia, que brinda a oportunidade de gozar dunhas impresionantes vistas panorámicas da ría e do entorno natural circundante.