Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalé acaroado moi preto do centro de Cangas

Ref: 4245
Casa
182 m2 construidos.
208 m2 de parcela.
Impecable
Venda: 275.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 4
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Acumuladores
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Casa con orientación sur. Con 2 balcóns, garaxe pechado e grella. Na Av. de Lugo.

Descrición

Esta encantadora casa acaroada en venda en Cangas ofrece unha superficie construída de 182 m² nunha parcela de 208 m².

Construída en 1998 e nun estado impecable, con orientación sur, atópase nunha zona moi accesible, a menos de 15 minutos do centro, a 10 minutos do centro de saúde de Cangas e a só 500 metros do supermercado Froiz.


Na planta baixa, atopamos un cómodo salón, unha cociña ben equipada, un baño con ducha e un pequeno cuarto de almacenamento.

Desde a cociña, accedese ao patio traseiro da casa e a un espazo adicional cuberto para almacenamento e lavandería.
O patio está equipado cun toldo que proporciona sombra e comodidade en días solleiros.

A primeira planta alberga tres amplas habitacións, unha delas con balcón e baño privado con ducha.
Ademais, neste nivel atópase un gran balcón e outro cuarto de baño completo con bañeira, ofrecendo comodidade para toda a familia.

Na planta baixo cuberta, disponse dun práctico espazo de almacenamento e un baño adicional, o que engade versatilidade á propiedade.
Esta planta ten altura dabondo para convertilo en salón e/ou en habitacións extra.

Para mellorar o confort térmico, todas as estancias dispoñen de dobre ventá tipo Climalit, que proporciona un excelente illamento térmico e acústico.


A calefacción é por acumuladores e, ademais, conta cunha estufa de pellets para quentas as estancias da planta baixa.
A auga quente sanitaria subminístrase mediante un termo eléctrico.

A casa tamén conta cun garaxe pechado e unha barbacoa.