Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso enorme na Zona Vella de Cangas

Ref: 4251
Piso
121 m2 construidos.
Bo estado
Planta 3
Venda: 140.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 2
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente

Piso de 121 m², de 4 dormitorios, en pleno centro, con impresionantes vistas á ría e sobre a Zona Vella.

Descrición

Piso á venda en Cangas, no Casco Vello, exactamente na rúa Real, ao lado da igrexa Ex-Colexiata de Cangas. Ademais de estar no centro, atópase nunha terceira planta que equivale a unha cuarta debido a unha entreplanta no edificio, o que permite gozar de vistas espectaculares a toda a Ría de Vigo dende as fiestras orientadas ao leste e ao sur, garantindo sol dende a mañá ata a noite.

Este amplo piso conta con catro dormitorios, ampla cociña con lavadoiro, salón, baño completo e aseo. Ao entrar, atópase o salón, seguido dun dormitorio (ambas estancias con vistas sobre o Casco Vello e a ría), e no outro extremo do corredor está a cociña, equipada e un lavadoiro (tamén con vistas panorámicas). Todas as estancias son exteriores excepto tres dormitorios que dan a un patio de luces (unha delas conta con aseo propio, interior). O baño xeral completo, conta con ducha e tamén é exterior.

A vivenda véndese sen garaxe e sen rocho. O edificio non conta con ascensor.

Vivenda en bo estado xeral, con ventás de dobre cristal. Non ten calefacción.

Oportunidade única de vivir en pleno centro histórico de Cangas, con todas as comodidades a un paso e unhas vistas impresionantes.