Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa con vistas á Ría en Bueu

Ref: 4300
Casa
230 m2 construidos.
1.761 m2 de xardín.
1.224 m2 de parcela.
Bo estado
Venda: 460.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 4
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Acumuladores
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Con vistas despexadas ao mar e a montaña, preciosa parcela e a 20 minutos a pé das praias e 1,5 km do centro de Bueu.

Descrición

Lares presenta esta espectacular casa á venda con vistas ao mar, situada en, Cela, Bueu, nun terreo de aproximadamente 1.700 m² con vistas impresionantes á ría de Pontevedra.

Esta propiedade atópase a tan só 20 minutos a pé das praias de Loureiro e Agrelo, a 1,5 km do centro de Bueu, a 20 km de Pontevedra e a 30 km de Vigo.

A casa principal, asollada todo o día, e en perfecto estado de conservación, ofrece un gran porche desde o cal temos marabillosas vistas á ría.

Distribuída en dúas plantas, a planta baixa conta cun salón comedor, unha cociña equipada cun tradicional forno de ferro, un baño con ducha e diferentes armarios para almacenamento. Acceso ao porche desde a cociña e desde o salón, permitindo as vistas tanto desde fora como desde dentro da propiedade.

Na primeira planta, atopamos tres habitacións, unha delas con baño en suite con ducha e outra con acceso a unha pequena terrace con vistas. Ademais, nesta planta hai un baño xeral con bañeira.

O extenso xardín de máis de 1.500 m² inclúe zonas verdes, espazos para horta e ademáis, conta cunha pequena casa de pedra restaurada, totalmente equipada, que dispón de salón cociña, un baño con bañeira e unha habitación.

Ademais, a vivenda conta con garaxe cuberto, barbacoa e 2 zonas de lavandaría.

A auga quente sanitaria é subministrada por gas butano e a calefacción é por acumuladores eléctricos.
Conta con auga de traída veciñal, traída municipal e pozo de barrena.

Dispón de dous portais de acceso para vehículos.