Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa moi ampla con vistas en San Roque

Ref: 4310
Casa
454 m2 construidos.
377 m2 de parcela.
Habitable
Venda: 340.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Gasoil
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: G

Ubicada a uns 15-20 minutos a pé do centro de Cangas, con gran tamaño por planta (posibilidade de dividir en apartamentos), zonas axardinadas, garaxe e grella.

Descrición

Casa á venda en San Roque, Cangas, ubicada a uns 15-20 minutos a pé do centro de Cangas. Esta gran propiedade está distribuída en varias plantas e conta con vistas espectaculares á ría e excelente orientación sur.

Unha oportunidade tanto para quen busque unha vivenda como para investidores que queiran dividir en apartamentos para alugar ou vender.

Na planta de acceso á casa atópase a entrada e un espazo diáfano moi grande e aberto. Unha estancia extremadamente versátil que pode adaptarse a múltiples usos segundo as necesidades do comprador.

Subindo unhas escaleiras, na primeira planta atópase a vivenda principal, cun salón que dá acceso a unha ampla terraza con vistas totalmente despexadas ao mar, unha ampla cociña equipada, catro habitacións, unha delas con baño en suite con ducha, e un baño xeral con bañeira.

O baixo cuberta, aínda que sen preparar, ofrece un gran potencial para ampliar a casa. Este espazo baixocuberta ten suficiente altura para habilitar novas estancias e conta con acceso a unha gran terraza con vistas ao mar.

Na planta semisoto e con acceso rodado desde a rúa perpendicular á casa, atópase un amplo garaxe cunha zona de lavadoiro.

Todas as alturas da casa contan con vistas despexadas e panorámicas á ría de Vigo.

A vivenda conta con calefacción e auga quente sanitaria por caldeira de gasóleo, traída de auga municipal e saneamento municipal, ademais dun pozo propio.

O exterior da propiedade inclúe zonas axardinadas (que se poderían repartir por apartamento) e unha barbacoa, ideais para gozar de momentos ao aire libre nun contorno natural e tranquilo.

Esta casa en San Roque, Cangas, destaca polos seus amplos espazos, vistas impresionantes e a posibilidade de ampliación, o que a converte nunha oportunidade única.