Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa de pedra en Meira, Moaña

Ref: 4326
Casa
285 m2 construidos.
218 m2 de parcela.
Para reformar
Venda: 320.000 €
Habitacións. . . . 7
Baños. . . . 3
Segunda liña de praia. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Vivenda á venda, de 3 plantas e baixo cuberta, situada en Meira, Moaña, ao lado da praia e con bo acceso a Vigo.

Descrición

Casa situada en Meira, a pé de estrada xeral, ao lado da praia e perfectamente comunicada con Vigo.

Conta con 3 plantas que se distribúen do seguinte xeito:

- Planta baixa: para reformar completamente. Antigamente era un bar e segue no mesmo estado, con terraza dianteira e construción auxiliar e patio traseiro con baños e almacén.

- Planta 1ª: require unha posta a punto xeral. Piso moi amplo de 4 dormitorios, sala, cociña independente con acceso a un patio traseiro cuberto e 2 baños. Ten balcón ao sur, cara á estrada.

- Planta 2ª: habitable. Piso amplo, con sala con balcón cara ao sur, 3 dormitorios, cociña independente dende a que se accede á planta baixo cuberta e baño completo.

Cada planta, ademais de ter acceso propio, tamén é unha finca rexistral independente.

A propiedade ofrece inmobles para os que hai unha altísima demanda: pisos de gran tamaño, con balcón e boa orientación, situados nunha zona ben comunicada.