Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa en pleno Casco Vello de Cangas

Ref: 4331
Casa
125 m2 construidos.
Para reformar
Venda: 130.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Con moita luz, distribuída en planta baixa, primeira, segunda planta e faiado

Descrición

Casa á venda en pleno Casco Vello de Cangas, a poucos metros do paseo de Eugenio Sequeiros.

Excelente localización preto da Estación Marítima e de Autobuses, á beira do Mercado Municipal e a poucos minutos do Concello e da praia de Rodeira.

Benefíciase dunha fachada a dúas rúas, con orientación sur e oeste, e con moita luz natural.

Distribúese en planta baixa de aproximadamente 34 m2; primeira planta de 42 m2; segunda planta de 30 m2 e faiado duns 13 m2 aproximadamente.

A primeira planta dispón dun pequeno balcón-terraza e a segunda planta unha ampla terraza moi asollada e desde a que se pode divisar a Ría de Vigo.

Require reforma, tendo na primeira planta a placa de formigón e na segunda placa de madeira.

O inmoble, ademais de poder destinarse a unha ampla vivenda céntrica, ofrece tamén moitas posibilidades como investimento.