Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Ático no centro de Cangas á venda

Ref: 4332
Ático
79 m2 construidos.
56 m2 útiles.
A estrear
Planta 5
Venda: 260.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Gas natural
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Con garaxe e rocho. Ampla terraza. A 5 minutos da praia de Rodeira.

Descrición

Ático a estrear cunha ampla terraza, situado no centro de Cangas. Unha vivenda situada na quinta planta dun edificio con ascensor, nunha zona cómoda con todos os servizos á man.

O piso distribúese en salón, cociña independente con acceso a lavandeiro, 2 habitacións, baño con bañeira, aseo e unha gran terraza á que se accede desde a habitación principal e desde o salón.


As dúas habitacións contan con armarios encaixados. Unha delas é exterior e a outra dá a un patio desde o que entra moita luz, ao tratarse da última planta do edificio.

A vivenda inclúe praza de garaxe e rocho no soto.

A calefacción e a auga quente son por gas natural.

Este ático atópase nunha ubicación inmellorable, con todos os servizos necesarios ao seu redor, no entorno do Concello, a 5 minutos da Praia de Rodeira e moi preto do Centro de Saúde, estación de autobuses, porto, supermercados, tendas, parques, etc.

Ao prezo anunciado hai que engadirlle o 10% de IVE.

Consúltanos por máis inmobles dispoñibles no mesmo edificio.