Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa en aluguer anual na contorna de Areabrava

Ref: 4364
Casa
168 m2 construidos.
Bo estado
Aluguer: 600 €/mes
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 2
Garaxe. . . .
Segunda liña de praia. . . .
Calefacción: Gasoil
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Luminosa, con vistas, preto da praia e nunha contorna moi tranquila
Descrición

Casa en aluguer anual en Areabrava (Hío), Cangas, situada moi preto da praia e a 10 minutos en coche do centro de Cangas, nunha contorna moi tranquila.

A vivenda é moi luminosa e con vistas despexadas.

A planta baixa distribúese en cociña completa con todos os electrodomésticos, salón-comedor, un dormitorio e un baño con ducha.

No primeiro piso atopámonos con tres dormitorios, amplo salón con estupendas vistas e un baño con ducha.

Na entrada á planta baixa gozamos dunha ampla zona exterior ideal para gozar de reunións familiares ou eventos.

O inmoble dispón de espazo na entrada no que se pode estacionar un vehículo e ao fondo un garaxe cuberto para outro.

A calefacción e a auga quente sanitaria son por caldeira de gasoil.

Alúgase amoblada, quedando por conta do inquilino, a luz, a auga, o gas e o lixo.

Esíxese fianza de mes e medio e garantías de solvencia para a formalización do contrato. Valorarase a presentación de garantías adicionais. Consultar compatibilidade con deducións fiscais.