Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalé de pedra en Cangas con finca á venda

Ref: 4372
Chalé Independente
235 m2 construidos.
990 m2 de parcela.
Bo estado
Venda: 348.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Acumuladores
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Vivenda de pedra de recente construcción, independiente, con xardín, con barbacoa e porche.
Descrición

Precioso chalé á venda en Cangas, de pedra e construción recente, moi preto da Rotonda do Gordo, con excelente acceso á Vía Rápida, ao lado da praia de Rodeira e do C.E.I.P A Rúa.

É unha vivenda distribuída en dúas plantas, con porche, grella cuberta e unha ampla finca (permite a construción de piscina), todo chan e soleado todo o día, con orientación ao sur.

Dentro distribúese en dúas plantas a dobre altura cada unha. Na planta principal atópase o salón comedor con acceso ao porche e a cociña, independente e equipada, e tamén con acceso ao exterior da finca. Ademais, hai un cuarto de baño completo con prato de ducha e acceso ao garaxe (moi amplo) onde tamén se atopa o cuarto de lavandería, un rocho e o acceso ao resto da finca.

Na planta superior, tamén a dobre altura, atópanse 3 dormitorios, un espazo aberto como estudo, con acceso a unha terraza e un cuarto de baño completo con bañeira. Todas as estancias da casa son exteriores e os dormitorios contan con armarios encaixados.

A calefacción é mediante acumuladores e a auga quente sanitaria é por termo eléctrico. As ventás son de dobre cristal oscilo-batentes.

Excelente ubicación preto do centro de Cangas, da Vía Rápida, da praia, con ampla finca e totalmente preparada para entrar a vivir.