Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso en aluguer na zona da Pedra Alta

Ref: 4376
Piso
77 m2 construidos.
75 m2 útiles.
Planta 2
Aluguer: 425 €/mes
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Garaxe. . . .
Calefacción: Acumuladores
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Para curso escolar, con ascensor e garaxe

Descrición

Piso na zona da Pedra Alta (rotonda dos mexillóns), zona comercial con negocios como hostalaría, farmacias, supermercados, etc. Con bo acceso á vía rápida e ás praias de Cangas.

Con orientación noroeste e vistas cara á zona de San Roque desde a terraza.

Distribuído en dous dormitorios con armarios, cociña, salón-comedor e dous baños, un con bañeira e outro con ducha.

A calefacción é por acumuladores eléctricos e o ACS (auga quente sanitaria) por gas butano.

Ten praza de garaxe e o edificio conta con ascensor (que non chega ao garaxe).

Aluguer para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato até o mes de Xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).

Non se admiten mascotas e esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.

Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta da inquilino luz, auga e lixo. A fianza é a esixida pola Xunta para este tipo de contratos (consultar).