Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso como novo no centro de Cangas

Ref: 4387
Piso
77 m2 construidos.
Impecable
Planta 4
Venda: 180.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Acumuladores
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: F

Con terraza, ascensor, garaxe e rocho. Nunha zona moi tranquila.
Descrición

Magnífico piso en venda no centro de Cangas, con todos os servizos e comodidades a man, nunha zona tranquila e ben comunicada.

En excelente estado de conservación, listo para entrar a vivir.

A vivenda conta con dous dormitorios, cociña independente, salón-comedor cunha luminosa terraza e estupendas vistas e un baño completo. Todas as estancias son exteriores.

Dispón de ascensor, rocho e garaxe (ao que chega o ascensor), o que achega un plus de comodidade e espazo extra.

O ACS (auga quente sanitaria) é por termo eléctrico e a calefacción por acumuladores.

A vivenda foi remodelada polos seus propietarios, ademais de puír todos os chans, buscando con iso crear un fogar acolledor.

Véndese sen mobles e sen algún dos electrodomésticos.

Non perdas a oportunidade de visitar este inmoble en Cangas.