Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa con xardín na Portela, Bueu

Ref: 4395
Casa
129 m2 construidos.
Habitable
Venda: 154.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Calefacción: Gasoil
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Vivenda con xardín, no alto da Portela, en Bueu, de planta baixa, con construcción anexa e terraza.

Descrición
Casa á venda no alto da Portela, Bueu, moi preto do acceso á Vía Rápida e situada entre as vilas de Bueu e Cangas, nunha zona tranquila, soleada e con vistas totalmente despexadas e parcialmente ao mar.

Distribuída en planta baixa, conta con cociña independente, salón, 2 dormitorios e un baño. Ademais, na parcela hai unha construción anexa que se pode destinar a lavandería ou outro uso.

Dispón de xardín exterior, orientado ao sur, e unha zona de terraza, con vistas totalmente despexadas. É posible preparar unha entrada para vehículo. A instalación de fontanería está actualizada.

A vivenda conta con calefacción e auga quente por gasóleo, ten auga de pozo, pero na zona non hai servizo de auga de traída municipal. A zona si conta con servizo de saneamento, pero a vivenda non está conectada.