Vivenda á venda, para reformar, na Zona Vella de Cangas, de pedra, a un paso do paseo de Eugenio Sequeiros. Casa coa arquitectura popular mariñeira típica das Rías Baixas.
Descrición
Dispoñible á venda esta acolledora casa de
pedra para
reformar, que representa co seu patín a
arquitectura popular mariñeira típica da zona, no corazón da
Zona Vella, a un paso do paseo de Eugenio Sequeiros.
Actualmente conta con
2 plantas construídas, independentes entre si (planta baixa con acceso directo dende a rúa Lirio e primeira planta con acceso dende o patín).
A parcela total ten unha superficie de 28 m² segundo Catastro.