Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso con balcón e vistas en San Roque, Cangas

Ref: 4421
Piso
108 m2 construidos.
Para reformar
Planta 3
Venda: 120.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Piso para reformar, con balcón e vistas, amplo de 3 dormitorios en San Roque, Cangas.

Descrición
Piso amplo e soleado en San Roque, a un paso da zona de Masó e das praias de Areamilla. Situado nunha zona tranquila, sen ruídos e con posibilidade de baixar camiñando ao centro de Cangas.

Trátase dun terceiro andar sen ascensor, nun edificio de catro plantas con só dúas vivendas por planta. A vivenda está para reformar, cunha distribución actual de tres dormitorios, salón amplo con balcón, cociña independente e baño con prato de ducha.

Dispón de armarios encaixados e estancias amplas. O piso conta con vistas ao mar e unha excelente orientación, o que lle proporciona moita luz natural durante todo o día. A estrutura do edificio, con vigas transversais no canto de columnas, permite modificar a distribución segundo as necesidades.

Non dispón de ascensor, garaxe nin rocho, pero atópase nunha localización cómoda, ao carón do supermercado Lidl e con todos os servizos preto.

Unha vivenda con moitas posibilidades de reforma nunha zona ben situada e tranquila.