Piso enorme, de 4 dormitorios, 2 baños, con balcóns e vistas ao mar, en Cangas, sen ascensor, garaxe nin rocho.
Descrición
Pisazo en el
centro de Cangas con
vistas ao mar
No Espírito Santo, ao lado de Cangas, da
praia e do acceso á Vía Rápida, así como preto de supermercados, colexios, institutos e outros
servizos, nunha zona moi tranquila.
Conta con
4 dormitorios,
balcóns, vistas despexadas ao mar e unha ubicación inmellorable, en pleno centro de Cangas e a un paso da praia. Espazos amplos,
luz natural en todas as estancias e unha distribución que hoxe en día é imposible de atopar.
Este terceiro andar sen ascensor mantense nun estado impecable, cunha distribución cómoda e funcional: catro dormitorios,
dous baños, cociña independente con saída a un balcón e orientación perfecta ao leste, e un salón espacioso tamén con acceso a outro balcón con orientación ao oeste, á posta de sol.
Non conta con ascensor, garaxe nin rocho, pero a vivenda é moi ampla e na zona adoita haber sitio para aparcar.
A vivenda está en
perfecto estado de conservación. Sería necesario instalar calefacción e actualizar as fiestras.
Vivenda con características moi difíciles de atopar hoxe en día, ideal para establecer residencia habitual polas súas dimensións e proximidade a todos os servizos.