Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Primeira planta dunha casa unifamiliar

Ref: 4433
Piso
132 m2 construidos.
120 m2 útiles.
Bo estado
Aluguer: 600 €/mes
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Garaxe. . . .
Zonas comúns. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Gasoil
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

En aluguer anual no lugar de Berducedo-Piñeiro (Moaña)

Descrición

Primeira planta dunha casa unifamiliar na zona de Berducedo-Piñeiro (Moaña).

Distribuído nunha amplísima cociña con espazo para gran comedor, un espazoso salón con saída a terraza moi luminosa, tres grandes dormitorios e un baño con ducha (todas as estancias son exteriores e con moita luz).

A vivenda non dispón de ascensor. A calefacción e a ACS (auga quente sanitaria) son por caldeira de gasoil e ten espazo para aparcadoiro exterior de varios vehículos.

Dispón dunha zona común axardinada.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato e a formalización dun Seguro Fronte a Falta de pagamentos.

Non se admiten mascotas.

A fianza esixida é equivalente a unha mensualidade de renda e un depósito adicional de media mensualidade.

Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta do inquilino a luz, o gas, a auga e o lixo.

Compatible con deducións fiscais.