Descrición
Piso á venda en Cangas, a dous minutos andando da praia de Rodeira, con todos os servizos a man, moi próximo ao centro e nunha zona chaira e urbanizada.
Conta ademais con zonas verdes con piscina comunitaria, xardín e un parque infantil, nunha parcela anexa ao edificio.
Distribúese en dous dormitorios, un deles con acceso a unha galería, amplo salón-comedor, cociña independente e un baño con bañeira.
A calefacción é por acumuladores e o ACS (auga quente sanitaria) por termo eléctrico.
Dispón de ascensor, garaxe e rocho.
Excelente oportunidade para conseguir unha vivenda moi preto da praia e á vez, do centro de Cangas.