Vexo Vigo, vexo Cangas...

Vigo

Vigo

De orixe mariñeira, Vigo pasou de ser unha pequena vila a converterse na cidade máis grande de Galicia. Ademais de por este dato a cidade destaca tamén polo seu privilexiado entorno ao situarse na costa dunha das máis fermosas rías da comunidade galega, á que ademais dá nome: A Ría de Vigo.

Aínda que segundo datos oficiais a poboación non supera os trescentos mil habitantes, realmente na cidade olívica fan vida a diario preto de medio millón de persoas. Cando falamos de Vigo falamos dunha cidade nova, moderna, cosmopolita e de xentes abertas e amables.

Vigo non pode entenderse sen o mar: O mar predomina a súa paisaxe, foi protagonista na súa historia e hoxe en dia segue sendo fundamental polo seu papel nas comunicacións e na economía. Mostra diso é que o seu porto pesqueiro é o principal da península e un dos máis importantes a nivel mundial.

Cidade de Vigo

A CIDADE E AS SÚAS COMUNICACIÓNS

A pesar de ser unha cidade morderna, Vigo conseguiu conservar moitos edificios antigos, algúns de gran valor arquitectónico. Camiñando polas súas rúas máis céntricas podemos observar algunhas destas fachadas que lembran ao Vigo doutra época e achéganlle carácter e beleza.

Tratándose dunha cidade cuxo orixe está moi ligado ao mar, Vigo conta cun casco antigo moi próximo ao porto, que esconde lugares con gran encanto como a Praza da Constitución situada xunto á Porta do Sol ao comezo do casco antigo, a rúa Real, o Mercado dá Pedra, a rúa dos Cesteiros ou o antigo barrio de O Berbés.

Vigo é tamén unha cidade moi ben comunicada. A través de autoestradas ou autovías pódese chegar facilmente ás principais cidades galegas, así como a algunhas cidades do norte de Portugal, xa que a fronteira do país luso se situa a só 30 minutos en coche desde a cidade.

Desde o Aeroporto de Peinador, situado a moi poucos quilómetros do centro, a cidade conéctase con moitos destinos nacionais así como tamén con destinos internacionais.

O seu porto segue sendo fundamental nas comunicacións. Ademais de ser clave para o transporte de mercadorías, o Porto de Vigo conta con servizos regulares de pasaxeiros cos municipios de Cangas e de Moaña. No verán e semana santa, tamén hai servizos regulares ás Illas Cíes, que forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Rúa Urzáiz en Vigo

PRAIAS E ILLAS CÍES

O municipio de Vigo conta con preto de cincuenta areais de calidade envexable aos que en poucos minutos podémonos desprazar desde o centro da cidade tanto en coche como en autobús. De todos eles destacan as praias de Samil e a do Vao, ao ser as maior tamaño e dispor de máis servizos. Todo aquel que visita a cidade debe achegarse ata o paseo de Samil, lugar ideal para contemplar unha posta de sol.

Ademais das praias, outro atractivo principal de Vigo é a súa próximidade ás Illas Cíes, que se atopan a pouco máis de media hora en barco desde o Porto de Vigo.

Estas illas paradisíacas contan con praias virxes de augas cristalinas como a Praia de Rodas, recentemente calificada polo diario británico The Guardian como a mellor praia do mundo.

Ademais, estas illas son tamén destino perfecto para os amantes da natureza. A través dos seus carreiros podemos descubrir toda a beleza das súas paisaxes e coñecer máis sobre a flora e fauna do parque.

Illas Cíes

Ponte de Rande
Praza da Constitución, Vigo
 

ACCESOS DIRECTOS

Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!