Moitos dos inmobles que ofrecemos en aluguer son en exclusiva, por ter gañada a confianza de propietarios que comparten o noso xeito de facer. Entre eles destacan as vivendas e locais de Lares Nosos (Basalnor S.L.), unha empresa familiar con sede en Cangas, comprometida dende hai décadas coa rehabilitación e aluguer, especialmente de vivenda habitual.
Estas vivendas, construídas ou rehabilitadas por Lares Nosos, deseñadas e amobladas pensando en que ti vivas nelas, reforzan aínda máis a bolsa de inmobles de Lares para que, entre os lares duns e doutros caseiros, sempre poidas atopar o máis axeitado para ti.
Por outra banda, colaborar cunha empresa con tanta experiencia como Lares Nosos ensinounos a atopar ferramentas para mitigar os medos dos propietarios e, sobre todo, a situar o equilibrio entre os dereitos e as obrigas de ambos. Os Lares Nosos foron, ademais, un excelente banco de probas para aprender todo o que hoxe en día sabemos de home staging e que compartimos con vós, propietarios.
Por iso Lares Nosos e Lares Inmobiliaria son dúas empresas que colaboran tan ben xuntas.
Aínda que dende os anos 70 a actividade principal de Basalnor S.L. foi a promoción de vivendas para alugar, dende 2006, esta empresa canguesa centra os seus esforzos na rehabilitación e mellora destes inmobles, buscando ter un produto diverso, de calidade, pero competitivo e popular. O seu obxectivo é que galegas, galegos e tamén visitantes, independentemente do seu poder adquisitivo, poidan alugar un espazo adaptado a eles, un lugar onde vivir mellor, o que nós entendemos coma un lar.
Aquí presentamos a última rehabilitación: