Dende mediados de setembro de 2024 a Xuño de 2025 (exclúe os meses de verán). O contrato esixe o cumprimento íntegro do período escolar.
Precioso apartamento en Cangas, na zona rural próxima ás praias de O Hío e Aldán. O apartamento dispón de tres dormitorios (dous dobres e un de matrimonio), exteriores e con armario encaixado, un baño e un amplo salón cociña rodeado de ventás que dan acceso a unha enorme terraza (74m2) con espléndidas vistas ao mar. Perfecto como segunda vivenda: permite gozar de total tranquilidade e unha preciosa paisaxe nun lugar ben comunicado (a poucos metros do núcleo urbano de Hío, a só 4 kms de Cangas de Morrazo) e con bo acceso ao corredor do Morrazo.
Non se admiten animais domésticos.
O prezo inclúe a comunidade, auga e lixo. O inquilino soamente ten que pagar ademais da renda o seu consumo de electricidade e calefacción (central a gasoil). Atópase nun edificio con máis vivendas, todas independentes.
Comparte con outras vivendas un enorme terreo con parking ao aire libre e xardín desde o que se goza dunhas preciosas vistas a toda a ría de Aldán. Atópase a só 5 minutos en coche da maioría de praias de Hío e Aldán (Nerga, Barra, Areabrava, Menduiña, etc.).
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno