Dúplex moi amplo situado na Avenida da Coruña, nun edificio reformado. Conta con ascensor e rocho. Moi preto da entrada á Vía Rápida do Morrazo.
Trátase dunha vivenda moi asollada, orientada ao Sueste e con preciosas vistas á Ría de Vigo e á montaña.
Distribúese, na primeira planta, nunha cociña de tipo americano, exterior, cun amplo salón, con acceso a unha galería acristalada e tamén con saída a unha terraza ampla, un baño con bañeira, con xanela exterior e dous dormitorios.
Na planta superior atópanse outros dous dormitorios e outro baño, neste caso con prato de ducha.
Dispón, ademais, dunha terraza comunitaria á saída do ascensor. Non conta con praza de garaxe.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno