Vivenda situada en Estribela, Pontevedra, moi próxima á cidade de Marín con todos os servizos ao seu alcance e paradas de atutobús con destino ás praias.
Cunha importante reforma distribúese en salón, cociña office, 3 dormitorios e baño con prato de ducha. Situada no primeiro piso dun edificio, dispón dunha entrada a través do portal do edificio con escaleiras, e outra entrada independente, tamén con escaleiras.
Non dispón de calefacción e a auga quente é por termo eléctrico.
O prezo de venda inclúe a vivenda amoblada e con electrodomésticos.
Véndese sen garaxe nin trasteiro, aínda que o edificio está situado próximo a zonas de aparcadoiro.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno