Ref.:
Procuro:
Tipo:
En:
Habitacións:
Prezo:

Local comercial en alugueiro no centro de Bueu (ref.4404)

Baixo comercial en alugueiro na rúa Alfonso Rodríguez Castelao, en Bueu.

Este amplo local comercial, anteriormente utilizado como bazar, conta cunha superficie total de 85 m².
Destaca a súa gran fachada cun escaparate que ofrece unha excelente visibilidade.

O interior ten unha distribución diáfana, en formato rectangular e sen columnas, o que facilita o aproveitamento do espazo e permite unha gran versatilidade para adaptalo ás túas necesidades.

Dispón dun pequeno aseo e resulta especialmente idóneo para montar unha tenda de roupa, unha zapatería ou calquera outro tipo de comercio que precise dunha boa localización no centro de Bueu.

O inquilino deberá facerse cargo dos recibos de electricidade, auga e lixo.

O prezo inclúe os gastos de comunidade pero é libre de impostos, é dicir, haberá que sumarlle o IVE correspondente (e, segundo o caso, deducirlle a retención por IRPF).

Requírese a xustificación de solvencia económica e a entrega da fianza mínima legal, que coincide con dúas mensualidades de renda. É imprescindible a presentación dun seguro fronte a impagos a cargo do arrendatario.

Mapa de situación

A ubicación do inmoble é aproximada.

o seu entorno

Bueu
750 €/mes

Resumo:

 Superficie 85 m2
 

E ademais

Ano 1987
Cal. Enerxética (Pendiente certificar) VER

Inmobles semellantes:

Local Comercial en aluguer  en Bueu, Pontevedra . Ref: 4402. Lares Inmobiliaria
Bueu
900 €/mes
Local Comercial en aluguer  en Bueu, Pontevedra . Ref: 4403. Lares Inmobiliaria
Bueu
700 €/mes
 
 
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!

Consentimento de Cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos e para mostrarlle publicidade personalizada baseada nun perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).

Para obter máis información, consulte a política de cookies.

Pode aceptar todas as cookies premendo o botón "Aceptar", rexeitar o seu uso premendo o botón "Rexeitar" e configuralas premendo o botón "Configurar".

Aceptar
Rexeitar
Configurar

← Volve atrás

Acepta todo
Rexeita todo

www.lares.gal
Cookies técnicas e funcionais

Facebook (novo)

Google Analytics (novo)

Google Maps (novo)

Gardar configuración