Casa de pedra para reformar, con circundado de 1882m2 de terreo, situada nunha zona privilexiada do Hío, moi preto da igrexa e das súas praias.
A parcela atópase pechada e conta con varias construcións.
A casa conta con 106m2 en planta baixa destinada anteriormente a adega e almacenamento, e 109m2 na planta primeira. A distribución é independente por planta o que permite aproveitar cada espazo da mellor maneira posible. Hai catro dormitorios de tamaño reducido na primeira planta, baño completo con ducha, aseo, cociña amplia e independente e salón á fronte cun balcón, e acceso interior á planta baixo cuberta desde un dos dormitorio.
O prezo de venda inclúe non só a casa principal e a súa circundado, senón tamén cinco parcelas de 1214m² en total a maiores, dúas delas anexas á parcela da casa.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno