Esta casa á venda atópase situada nunha zona privilexiada, posto que a súa localización atópase moi preto do núcleo urbano de Cangas pero á súa vez está rodeada da natureza da zona de Coiro, a poucos metros da rotonda que accede á Vía Rápida e á beira do colexio da Rúa e con servizos moi próximos, como supermercados.
É unha propiedade que ofrece moitísimas posibilidades xa que conta con 3 plantas construídas. Por este motivo, unha familia grande podería compartir casa cunha vivenda por planta con entradas totalmente independentes se se quixese, habilitando a planta baixa e a planta baixo cuberta. Outra opción pode ser utilizar unha planta e alugar as outras dúas como vivendas, obtendo así rendibilidade. Existen múltiples posibilidades para destinar este inmoble e ademais conta co beneficio dunha parcela moi ampla para desenvolver nela outros proxectos.
A distribución está do seguinte xeito:
- Planta baixa: de 137 m², neste momento está acondicionada só unha parte como cociña americana, con baño completo, orientada ao sur, totalmente exterior e luminosa. A parte traseira está sen acondicionar e utilízase como almacén, tamén con xanelas ao exterior. Nas imaxes adxúntase plano de como resultaría esta planta reformada como vivenda.
- Planta 1ª: de 153 m², vivenda distribuída nun gran salón comedor, con balcón ao sur, con estufa de pellets para a calefacción, condutora mediante radiadores a toda a vivenda; cociña independente totalmente amoblada e con electrodomésticos, con zona de despensa anexa onde se atopa tamén a lavadora; 4 dormitorios de gran de tamaño, un deles destinado agora mesmo a despacho; 2 baños completos, ambos con prato de ducha. Todas as estancias exteriores. Conta con dobre xanela pero as interiores son as orixinais. Adxuntamos plano desta planta na galería de imaxes.
- Planta baixo cuberta: de 45 m², sen acondicionar pero con luz natural e illamento.
En total son 435 m² construídos quedando libres 1.379 m² de parcela, na cal se atopan as seguintes construcións: un garaxe de 30 m² á fachada este de a casa; outro garaxe de 70 m² á fachada norte da casa; un horreo; un cenador e un par de construcións auxiliares, nunha delas atópase a grellada. O resto de parcela é chaira, asollada e conta con dúas entradas para coche, unha na fachada principal sur da casa e outra pola parte oeste.
Véndese amoblada e con electrodomésticos. A auga quente sanitaria e a cociña da planta baixa funcionan mediante gas natural. A subministración de auga é por traída e tamén conta con pozo.
Excelente localización en zona rural moi próxima ao centro. Propiedade con moitas posibilidades para vivenda habitual e como investimento.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno