Local no centro de Vilariño, zona rural de Cangas. Nunha rúa transversal á estrada principal que vai de Cangas a Bueu.
O establecemento é un parque infantil habilitado con air hockey, mini campo de futbol, módulo de xogos e piscina de bólas. Ten zona de cafetaría (5 mesas e 20 cadeiras, 2 mesas grandes e bancos para merenda); máquina rexistradora, máquina de fume, luces discoteca e sistema de ventilación por renovación de aire. Conta ademais cunha pequena cociña detrás da barra e os aseos están habilitados para discapacitados.
En caso de aluguer, esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.
O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga, lixo e depuradora. A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno