Véndese Hotel rural totalmente equipado por xubilación. Dispón de 15 habitacións dobres con baño, TV e climatización. O hotel é parcialmente autosuficiente (enerxía solar).
Actualmente en funcionamiento e preparado para comezar a traballar desde o primeiro día, cun alto compromiso para vodas no próximo 2023.
A edificación principal dispón de cociña industrial (con forno de indución), lavandería industrial, salón de lectura, baños e salón comedor para 60 comensais, ademais das 15 habitaciones dobres.
Conta tamén con 2 construccións independentes dentro do propio terreo, unha delas completa para os caseiros (con habitación, cociña, sala, baño e terraza propia).
Ademais, tanbén dispón dun salón de vodas para máis de 150 persoas, con cociña industrial con forno de indución e 2 baños. Xunto cos seus amplos xardíns fan deste un lugar ideal para a organización de vodas.
No mesmo terreo, preto da edificación principal, conta cun muíño fariñeiro convertido nunha taberna típica con maquinaria industrial, grifos de cervexa e cociña con asador. Dispón ademais dunha gran terraza.
El hotel conta con aparcamento privado e punto de recarga de coches eléctricos.
O mobiliario e equipamento van incluídos no prezo.
A auga provén do abastecemento municipal e do seu propio pozo. A calefacción é de gasoil e conta ademais cun sistema de placas solares para auga quente.
Ademais, dispo de 24 paneis fotovoltaicos con acumuladores instalados recentemente para suministración de luz electricidad.
A casa rural foi construída no ano 1847 e reformada no ano 2002.
Está situada nun lugar moi tranquilo por onde pasa un río, na Península do Morrazo, unha das zonas con máis praias das Rías Baixas, con multitude de atractivos turísticos ao seu redor, entre os que se atopa o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada).
Nas proximidades tamén podemos atopar vilas e cidades galegas como Bueu (a 1 km) e Pontevedra ou Vigo, a menos de 30 km.
O hotel está preparado para alugar por habitacións ou por completo, así como para eventos privados como bautizos, vodas ou comuñóns.
Conta cun fermoso e coidado xardín con diferentes zonas para o uso e disfrute dos convidados.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno