Casa para reformar á venda en Coiro, zona de Augalevada, con xardín chairo e acceso directo á estrada, con entrada para vehículo, situada nunha zona tranquila, rodeada de natureza, asollada e próxima á conexión coa vía rápida.
A casa, de planta baixa, actualmente dispón dun salón, unha cociña, tres habitacións e un baño nunha das habitacións.
Ademais, dende a cociña pódese acceder ao baixo cuberta a través dun oco no teito, un espazo con pouca altura que podería ser utilizado para almacenaxe ou reformarse segundo as necesidades do comprador.
A propiedade conta con varios espazos adicionais. Inclúe cortes en desuso, almacén, un hórreo, un garaxe para un coche e un lavadeiro.
En canto aos servizos, a auga quente sanitaria é subministrada por gas butano. Non dispón de calefacción. Conta con pozo e con conexión ao saneamento público.
A ubicación da casa nunha zona tranquila e a súa proximidade á conexión coa vía rápida fan que sexa ideal para aqueles que buscan un equilibrio entre a paz do entorno rural e a accesibilidade ás principais vías de comunicación.
En trámite para a inmatriculación no Rexistro da Propiedade.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno