Chalé independente situado en Aldán, na zona de Herbello, moi preto das praias da zona, da entrada á Vía Rápida do Morrazo e con espazos naturais e carreiros ao seu ao redor.
Conta con planta de soto para garaxe, adega, etc e dúas plantas a vivenda.
Trátase dunha casa en perfecto estado, exterior e moi asollada, con xardín e bonitas vistas despexadas.
Na planta baixa atopámonos un amplo salón-comedor, cociña independente, unha habitación e un baño.
Subindo por escaleiras interiores, chegamos á primeira planta que se distribúe en catro dormitorios (un deles habilitado como estudo) e un baño. O dormitorio principal dispón dun amplo vestidor e balcón.
E na planta de soto atopámonos un espazo para garaxe de 4 vehículos, ademais de adega, rocho, e outros usos, que se comunica por unhas escaleiras interiores coa planta baixa.
Dispón dun xardín, con árbores froiteiras e zona de cenador con grellada.
A calefacción é eléctrica, ademais de aire acondicionado e o ACS (auga quente sanitaria) é a gas butano.
Excelente localización para primeira ou segunda residencia, pola súa tranquilidade, luminosidade e vistas.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno