Casa de pedra á venda en Cangas, na zona de Xistro, en Coiro. Lugar moi tranquilo con vistas despexadas, moi luminosa e asollada.
Cunha leira moi ampla, de aproximadamente uns 2.000 m2, na que se atopa un lavadoiro e varios galpóns.
Anexa ao inmoble existe unha antiga edificación.
Na entrada á vivenda atopámonos cun magnífico soportal e xa dentro, na planta baixa, a cociña, amplo salón e unha adega.
E subindo por escaleira interior, chegamos á primeira planta, que se distribúe en tres dormitorios e un baño con bañeira.
Na leira temos espazo suficiente para estacionar varios vehículos.
O ACS (auga quente sanitaria) é por gas butano e dispón dunha cheminea de leña no salón.
A situación do inmoble, así como a leira e zonas axardinadas, ofrecen un espazo tranquilo para facer desta vivenda un fogar moi familiar.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno